Durante a xornada de información a cidadanía repartiuse de balde o xornal de hoxe, gracias as aportacións de compañeiros de distintos centros do traballo e do comité, cun folleto no que se explica o desmesurado recorte salarial que quere aplicar a dirección da empresa a plantilla de La Voz de Galicia.
Dous mantenedores e un colaborador do noso blogue estiveron o pasado mediodía no Obelisco.
ResponderEliminarSó catro palabras para subliñar duas cousiñas:
Primeira, esperábamos maior asistencia (é decir, máis traballadores) e, segunda, sorprendéunos ver (e sorprendimos) ao director do xornal no bar dos xardíns Méndez Núñez.
Un de nós saludou a Vilela: "Ti como eu, viñeches ver como ía a cousa".
É lexítimo que o fixera, pero ao noso parecer é "moi forte" que sexa o director quen exerce de observador. Tíñamos a seguridade de que a empresa enviaría alguén, por exemplo un fotógrafo, coa xustificación de "cubrir la noticia".
¡Pero que viñera o director amosa o alto grao de descomposición (¿ou debilidade?) do "grupito"!
Vilela parecéunos un máis dos moitos traballadores que desde hai un tempo está a destruir a pésima xestión do xornal, con Santiago Rey de capitán xeral.
Noraboa ao comité e aos/ás compañeiros/as que participaron na que foi a primeira "externalización física" do conflito (¡a maioría dos coruñeses e dos galegos aínda descoñecen o que está a pasar na Voz!)
Saúde.