Grazas a todos os compañeiros que participastes nas xuntanzas do café das cinco da tarde e nas xornadas de loito. Moitas gracias polo respaldo a todos os que estivestes no café negro solidario en Sabón. E en especial aos traballadores das delegacións, que si, que tamén se están a mollar, inda que sabemos que é máis difícil que se faga visible o seu malestar. A plantilla segue unida e firme en defensa dos seus dereitos. Grazas por ter apurado estes días o "fondo de armario" de roupa negra... e o domingo en Santiago que cada un vaia como lle pete!
Esta é a galería de imaxes do mércores que onte por falta de tempo e dalgunha pequena dificultade técnica non puidemos colgar:
Os compañeiros o mércores en Monforte, Ribeira, Viveiro...
Os compañeiros de Arousa, Pontevedra e Vigo...
Os compañeiros de Ferrol e Ourense...
O loito do mércores en Madrid, Lugo e Santiago...
...e o café negro solidario a mesma hora da tarde en Sabón
Sabón, a 24 de maio do 2013
Ningún comentario:
Publicar un comentario