Onte, na cuarta reunión do período de consultas sobre a inaplicación do convenio, a empresa negouse a ofrecer unha garantía de mantenemento do emprego actual para avanzar na negociación, e continuou sen achegar datos sustanciais para valorar a proporcionalidade da súa proposta de reducción de salarios.
A empresa xustificou «na complexidade operativa de La Voz de Galicia» a súa negativa a ofrecer desglosados os pagos de La Voz a Corporación en concepto de distintos servizos como se viña solicitando pola representación dos traballadores.
A empresa expuxo unha mínima variación na súa proposta inicial de rebaixa salarial, que consiste en excluír da medida aos que perciben menos de 17.500 euros anuais (isto é, cinco traballadores en prácticas máis os xubilados parciais) e uns novos topes de aplicación dos recortes que cifran nun 24 % no 2013 e un 18 % no 2014.
A empresa entregou o seu cálculo sobre o impacto dos recortes da súa proposta inicial da empresa. A táboa distribúe os salarios brutos anuais de 350 traballadores (deixando fóra os dous salarios máis baixos) en dez percentis de 35 traballadores. A dirección avanzou que facilitará a porcentaxe de rebaixa salarial media para os anos 2013 e 2014 coa variación da proposta feita nesta cuarta reunión.
Ao respecto desta táboa, o comité expuxo a súas dúbidas de que as reduccións medias se axusten ao aplicado ata o momento.
Sabón, a 23 de maio do 2013
Non pasar páxina.
ResponderEliminar