mércores, 15 de maio de 2013

Baleiremos o parking




Contra a Proposta do 66 %, baleiremos o estacionamento da sede central de La Voz de Galicia en Sabón. Seguindo co calendario de protestas simbólicas queremos ter a imaxe de un Sabón vacío: sen nós non son nada.
O Comité Intercentros chama a todos os traballadores de Sabón a deixar baleiro o parking de Sabón durante a xornada de mañá, xoves 16 de maio, para ó que pedimos a solidariedade do resto de trablladores das empresas do Grupo. Empregade o transporte colectivo ou aparcade fóra do recinto contra a Proposta do 66 %.

Camiñade; e se chove, paraugas.

O Comité Intercentros invita aos directivos a que se sumen ao rexeitamento da Proposta do 66 % e deixen baleiro tamén o seu reservado. Se queredes, podedes!

A representación dos traballadores segue a valorar outras medidas que sirvan para expresar o malestar da plantilla e o comité está aberto a suxerencias.


Sabón a 15 de maio do 2012

Ningún comentario:

Publicar un comentario