O cartaz que se repartirá mañá |
O Comité Intercentros chama a todos os traballadores de La Voz de Galicia a unha cita no Obelisco, na Coruña, as 12 do mediodía de mañá domingo, 19 de maio.
Queremos demostrar que nós si que estamos comprometidos con La Voz de Galicia. Distribuirase un cartaz no que se explicará brevemente a situación a que nos enfrontamos cá Proposta do 66 %. Seguimos de loito, acudide con roupa negra.
O Comité Intercentros é coñecedor de que a maioría dos traballadores das Delegacións terán dificultade para acudir a convocatoria, pídelles que apoien e se manteñan atentos a cita a través de Twitter, na conta de Facebook (http://on.fb.me/10GU0Kc) e cós comentarios neste blog.
Lembramos que para o próximo luns día 20, está convocada a segunda das xornadas de loito coincidindo coa terceira convocatoria da mesa de negociación.
Sabón a 18 de maio do 2013
Ningún comentario:
Publicar un comentario