A empresa presentou a
Proposta do 66% ao inicio do período de consultas, o 8 de maio. Unha proposta
que a representación dos traballadores rexeitou dende o principio, tendo
demostrado que non se deran as causas económicas que sosteñen un procedemento
de inaplicación das condicións salariais do convenio en vigor.
Enlaces ao informe da primeira reunión coa empresa e a valoración da Proposta do 66% nas asambleas do 10 e do 11 de maio:
http://comitelavozdegalicia.blogspot.com.es/2013/05/informe-sobre-primeira-reunion-coa.html
http://comitelavozdegalicia.blogspot.com.es/2013/05/informe-sobre-as-asembleas.html
Na cuarta reunión
propuxo unha mínima variación que non aclarou en canto aos termos de aforro ata
a quinta e última reunión ao día seguinte, o 23 de maio.
Enlaces aos informes da cuarta e quinta reunión do período de consultas:
http://comitelavozdegalicia.blogspot.com.es/2013/05/informe-sobre-cuarta-reunion-da-empresa.html
http://comitelavozdegalicia.blogspot.com.es/2013/05/informe-sobre-reunion-finaliza-sen.html
Pechouse ese día o
período de consultas sen acordo das partes. O Comité expuxo que non concurren
as causas económicas alegadas pola parte empresarial para un procedemento de
inaplicación do convenio ao amparo do artigo 82.3 do Estatuto dos
Traballadores, que ademais está recurrido ante o Constitucional.
Co respaldo da plantilla
o Comité insistiu na súa disposición a negociar condicións salariais sempre que
se dera previamente unha garantía clara
de mantemento do emprego actual (dos postos de traballo de todas e todos os
traballadores) ata a negociación do próximo convenio colectivo, xa que o actual
dispón mecanismos para que a empresa poida aínda executar despedimentos antes
do remate da súa vixencia.
O Comité, co respaldo da
plantilla, considera que a defensa do emprego é a única vía para garantir o
modelo de negocio é, polo tanto, a supervivencia do proxecto empresarial de La
Voz de Galicia polo que di apostar a propiedade; e coincide coa dirección da
empresa en que a plantilla actual, o modelo de negocio asentado no territorio e
o compromiso da propiedade son a día de hoxe as principais fortalezas de La Voz
de Galicia.
Estamos a traballar por
conseguir da empresa unha aposta firme e
sincera polo mantemento de emprego nos próximos anos como pilar fundamental
do modelo de negocio. Nesas estamos, sen que a empresa teña presentado de
momento nova proposta de rebaixa salarial.
Recordávomos que a
comisión paritaria rematará coa segunda e última reunión o próximo mércores.
Sabón, a 31
de maio do 2013
Ningún comentario:
Publicar un comentario