mércores, 15 de maio de 2013

Informe sobre a segunda reunión do período de consultas


Na segunda das reunións do período de consultas aberto pola dirección coa intención de inaplicar parte do convenio en vigor, a empresa non mostrou vontade críbel de modificar a súa plataforma inicial: a Proposta do 66 %. Tampouco pechou a porta aos despedimentos baseados na disposición adicional primeira do convenio que se discute na AGA.

Un economista de Accuracy expuxo o informe pagado pola empresa para xustificar a rebaixa de salarios da Proposta do 66 % e contestou ás preguntas dos asesores do comité con respostas vagas e incompletas.

Os asesores do Comité concluíron que o informe non é un estudo para analizar a viabilidade da compañía, senón que está escrito de forma exclusiva para xustificar unha medida xa tomada previamente.

Entre outros aspectos, os asesores do Comité Intercentros subliñaron que no 2012:
1) A cifra de negocios de La Voz de Galicia reduciuse un -6%.
2) Os soldos e salarios rebaixáronse a un ritmo catro veces superior (-14%).
3) O número medio de persoal baixou nun - 13,5%.
4) Pola contra, os soldos e salarios da alta dirección (unha soa persoa en La Voz de Galicia S.A.) só minguaron un 1%; mentres que as retribucións da alta dirección na sociedade dominante do grupo (Corporación Voz de Galicia) mesmo medraron un 11,8%. 

Por parte da empresa, asistiron a negociación Santiago Pérez, María Velázquez, Roberto Díz, o avogado Miguel Gudín (KPMG) e o asesor David Aliaga (Accuracy). Os dous profesionais externos contratados pola empresa abandoaron a reunión catro horas antes do remate.

Sabón a 15 de maio do 2013

4 comentarios:

  1. Accuracy foi creada por ex-membros de Artur Andersen, incluídos vellos "coñecidos " da cúpula do Grupo Voz. Saúdos.
    ExVoz.

    ResponderEliminar
  2. De Miguel Gudín, especialista en recortar gastos de persoal e que ten base laboral en Barcelona, tedes una interesante entrevista no portal Togas:
    http://www.togas.biz/articulos/Derecho-Laboral/Laboral/Entrevista-a-Susana-Pizarroso-y-Miguel-Gudin--del-Area-Laboral-de-KPMG-Abogados--Nuestra-Practica-Laboral-ofrece-la-calidad--eficacia-y-el-enfoque-multidisciplinar-que-los-clientes-demandan-en-estos-momentos.html
    Esta entrevista é do 2008, no inicio da recesión e nela deixa claro que "es necesario utilizar esas fórmulas flexibilizadoras de la fuerza del trabajo (...) el futuro y el bienestar pasa por la viabilidad y mantenimiento de las empresas".
    Saúdos.
    ExVoz.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hai un erro neste comentario: na actualidade agora Gundín ten a base profesional en Madrid.

      Eliminar
  3. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar