A empresa segue sen garantir o mantemento do emprego para toda a plantilla
na proposta que remitiu onte a representación social dos traballadores para
debater na comisión paritaria da inaplicación do convenio. Baixo ningún suposto
se dan as garantías inequívocas, directas e sen ambigüidades do mantemento dos
traballadores que prestan servizos agora en La Voz de Galicia tal como demanda
a plantilla.
O Comité considera que a única vía realmente efectiva para manter o actual
modelo de negocio é que todas as traballadoras e traballadores conserven os
seus postos de traballo, xa que con menos xente sería imposible facelo.
Pese a isto, a empresa subliñou que esta proposta é a máxima asunción que
pode facer e que non a modificará.
O Comité Intercentros considera que esta proposta non satisface as demandas
da plantilla, en canto a que:
1)
Insiste na súa
interpretación sobre o número de despedimentos que pode facer en virtud da
disposición adicional primeira do actual convenio, asunto que xa se analizou
noutra comisión paritaria e que está sendo obxecto dunha mediación na Axencia
Galega de Arbitraxe, onde o Comité defende que o cupo de baixas xa está
cuberto.
2)
Queda vinculada á
posibilidade de descolgue no mantenemento do emprego a evolución do negocio
cunhas cifras menores que as previsións de caída que a propia empresa presentou
nos documentos que achegou ao inicio do período de consultas. É dicir, ofrecen
como garantías un escenario de caídas menores que as que eles mesmos prevén.
3)
Límita o periodo de
aplicación a vixencia do actual convenio e non ata a entrada en vigor dun novo
convenio, como demandan os traballadores.
A comisión paritaria volverá a reunirse o mércores, 5 de xuño, as 11.30
horas. O Comité e a empresa acordaron que con anterioridade despexarán dúbidas
sobre algunhas partes da proposta que hoxe se debatiu.
Sabón, a 30 de maio do 2013
Sabón, a 30 de maio do 2013
Ningún comentario:
Publicar un comentario