Polo emprego e contra os retallos salariais, por un xornalismo digno
Os traballadores de La Voz de Galicia
manifestarémonos o domingo 7 de xullo polo centro da Coruña en protesta contra
a intención da dirección da empresa de precarizar as nosas condicións laborais,
saíndose do convenio colectivo para rebaixar outra vez os salarios e negándose
a ofrecer unha garantía de emprego inequívoca cara aos próximos anos.
Os traballadores manifestarémonos en
defensa do emprego e dos salarios, como sostén dun xornalismo digno.
Esta é unha convocatoria aberta, para os
traballadores de La Voz, familiares e extraballadores, e tamén para
traballadores do resto das empresas do Grupo e mesmo doutros medios ou
asociacións profesionais que xa veñen expresando o seu apoio a loita que
mantemos en La Voz pola dignidade das condicións de traballo na prensa.
A marcha arrancará do Obelisco ás 12.00
horas do domingo 7 de xullo e discorrerá polas rúas Real e Riego del Agua para
rematar na praza de María Pita.
O Comité tratará de dispor medios de
transporte colectivo para os compañeiros e seus familiares das delegacións máis
lonxe da Coruña en función da demanda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario