O Comité Intercentros solicitou hoxe unha reunión a
dirección da empresa para iniciar a rolda de negociacións coa intención de non
agardar ao ditame da Comisión Consultiva Nacional de Convenios Colectivos e
lograr un acordo no que se garanta o emprego da actual plantilla.
Os delegados dos traballadores decidiron hoxe demostrar que
estamos dispostos a LOITAR polos postos de traballo realizando unha
concentración de máis dunha hora fronte as instalacións de La Voz de Galicia en
Sabón coincidindo cun consello de administración da empresa.
A asemblea de traballadores apoiou o pasado domingo iniciar
mobilizacións, incluída a FOLGA prevista para o vindeiro 10 de xullo, deixando
claro que o modelo de negocio que converteu a La Voz de Galicia no sexto xornal
en difusión a nivel estatal só se mantén coa actual plantilla e cunha aposta
decidida da empresa por un traballo de proximidade como o que se fai dende as
delegacións. Ademais da folga, o Comité chama aos traballadores a un paro de 15
minutos para o mércores día 3, de 12 a 12.15 horas para a quenda de mañá, de 17
a 17.15 para os da tarde e de 22 a 22.15 horas para os da noite.
O Comité sigue deseñando estratexias para que a dirección se aveña a entrar nunha negociación seria que permita chegar a un acordo proporcional e razoable a situación real da empresa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario