Santiago Pérez e María
Velázquez, en representación da empresa, presentaron un escrito ao inicio da
reunión de hoxe co Comité Intercentros no que rexeitan a proposta de mantemento
de emprego defendida polos representantes dos traballadores por considerala
“totalmente insatisfactoria”. No seu escrito, a parte empresarial di que a
proposta “no tendría ningún impacto en la cuenta de resultados de 2013 y 2014”
e “apenas supondría un 12% de la necesidad de ahorro planteada por la empresa”.
Así mesmo, remite o proceso de negociación á mediación no SIMA, para a cal xa
está fixada a primeira reunión o mércores 19 de xuño. Os directivos da empresa
negáronse as reiteradas solicitudes do Comité de aprazar a reunión para
intentar avanzar na busca de acordos antes de acudir a Madrid.
A empresa
rexeitou insistentemente ofrecer unha garantía clara de mantemento do emprego e
só se mostrou disposta a entrar a revisar a súa proposta de inaplicación
salarial, aínda que non na contía que pretende rebaixar da masa salarial: 4,3
millóns de euros.
O Comité
Intercentros defendeu que a proposta presentada xa supón un importante
sacrificio para a plantilla e, ademáis, representa unha aposta decidida polo
mantemento do modelo negocio.
Mañá venres
comezará unha rolda de asembleas para explicar os traballadores o
escenario que se abre a partir de agora.
As
asembleas de mañá venres serán ás en Administración de Sabón (12.00),
na delegación de Carballo (16.00), na Redacción en Sabón (17.30),
e na delegación da Coruña (19.00).
O luns, día
17, celebraránse asembleas en Lalín (11.00 horas), Ourense (12.30),
Santiago (13.00), Monforte (16.30), Ribeira (17.00) e Lugo
(19.00).
O martes, día 18, serán en Arousa
(11.30), Pontevedra (13.00), Vigo (17.00), Ferrol (17.00)
e Viveiro (19.00).
Ningún comentario:
Publicar un comentario