Hoxe pechouse sen acordo a comisión paritaria do procedemento de
inaplicación do convenio colectivo despois da segunda reunión da mesma.
Co ánimo de
desbloquear a situación ante a intrasixencia da empresa, o Comité, cos datos
dos que dispón, estudará e elaborará a próxima semana unha proposta de
mantemento de emprego, nos termos xa fixados. Esta garantía de emprego formará
parte indivisible e completarase cunha oferta económica que defenda os salarios
da plantilla.
A empresa mantivo inamovible a súa proposta sobre o emprego, que non ofrece
as garantías inequívocas, directas e sen ambigüidades para
a continuidade dos mesmos traballadores que prestan a día de hoxe servizos en
La Voz de Galicia, tal e como se acordou na asemblea. Tampouco modificou a súa
última oferta sobre a Proposta do 66% que presentou durante o período de
consultas, rematado día 23, e que só supón unha rebaixa de 90.000 euros sobre
os 4,1 millóns que prevía aforrar a empresa na primeira redacción da súa
proposta.
O documento que
formalizará o Comité farase chegar a empresa en canto sexa posible e se
discutirá nunha reunión entre as partes prevista, en principio, para o próximo
xoves, antes de recurrir aos mecanismos de conciliación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario