O Comité Intercentros acordou hoxe convocar a toda a plantilla a unha asemblea que se celebrará pasadomañá domingo, 23 de xuño, na Coruña. Desta volta, o escenario será o salón de actos do Edificio Sindicatos, na avenida de Alfonso Molina s/n (aquí o link a google maps-> http://goo.gl/maps/Vbe0I). A reunión será as 11.30 horas en primeira convocatoria e as 12.00, en segunda.
Dada a importancia dos asuntos a acordar, pedimos a vosa máxima colaboración e tamén que avisedes da convocatoria aos compañeiros que están de vacacións. Está en xogo a pervivencia do actual modelo de traballo e as futuras condicións laborais de todos, acudide!
Ante a situación de inmobilismo que mostrou esta
semana a empresa no SIMA, pechando a mediación e anunciando que levará o
procedemento ata a Comisión Consultiva Nacional de Convenios Colectivos, a
representación dos traballadores considera que a plantilla debe abordar
mobilizacións contra a intención da dirección de recortar os salarios (a
empresa segue sen variar sustancialmente a Proposta do –66 %) e non garantir o
emprego (está empeñada en ter vías para novos despedimentos). Máis aló de
mostrar o rexeitamento a esas medidas, o Comité considera tamén que non se
deben desbotar aínda as posibilidades de negociación, ás que sempre se mostrou
aberto desde que a comezos de maio a empresa propuxo a inaplicación do actual
convenio colectivo.
Sabón, a 21 de xuño do 2013
Ningún comentario:
Publicar un comentario