luns, 13 de maio de 2013

Informe sobre a primeira reunión coa empresa


A dirección da empresa convocou esta tarde ao Comité Intercentros e deu por iniciado o período de consultas dentro do inicio do procedemento de inaplicación das condicións de traballo previstas no convenio colectivo da empresa La Voz de Galicia, que comunicou o pasado luns. Nesa reunión, da que remitimos a acta que se asinou tal como marca a normativa, o director xeral de La Voz de Galicia, Lois Blanco, informou que este proceso iníciase para abordar rebaixas salariais durante o período 2013 e 2014. Na documentación que se transmitiu a empresa recolle literalmente a seguinte proposta:

«Se detalla a continuación la reducción requerida:
Año 2013, para los meses que resta de este ejercicio (teniendo en cuenta que ya solo se aplica a parte del ejercicio 2013, el porcentaje es mayor que en el 2014).
a)        Un 16% sobre las tablas de convenio y un 66% sobre el resto de conceptos de convenio a los trabajadores del Grupo I.
b)        Un 15% sobre las tablas de convenio y un 66% sobre el resto de conceptos de convenio a los trabajadores del Grupo II a IV.
Año 2014
a)        Un 15% sobre las tablas de convenio y un 33% sobre el resto de conceptos de convenio a los trabajadores del Grupo I.
b)        Un 14% sobre las tablas de convenio y un 33% sobre el resto de conceptos de convenio a los trabajadores del Grupo II a IV».

Para máis información sobre os conceptos sobre os que se aplicarían estas cantidades, podedes consultar os artigos 25 e 38 do vixente convenio colectivo
Para explicar máis pormenorizadamente o proceso no que estamos inmersos e as súas posibles consecuencias celebraremos asembleas en todos os centros de traballo entre os xoves 9 e o venres 10 conforme ao seguinte calendario.

Sabón a 8 de maio do 2013

1 comentario:

  1. O blogue ExVoz tiña ata o de agora o subtítulo "Altofalante de ex-traballadores e traballadores do Grupo Voz", pero coa publicación dun blogue do Comité dos Traballadores de La Voz que exerce de altofalante unitario dos lexítimos representantes dos traballadores (por riba dos blogues e portais sindicais), a nosa obriga é supeditar a función do noso blogue á nova situación, de xeito que:
    1. Temos a obriga de ceder o protagonismo ao blogue COMITÉ LA VOZ DE GALICIA no eido da actualidade laboral da empresa,
    2. Aínda que conservaremos os nosos contactos con traballadores adscritos ás plantillas das empresas do grupo, ExVoz pasa a ser o "Altofalante de ex-traballadores do Grupo Voz", e
    3. Ao marxe dese cambio, ExVoz manterá a súa actividade, POLO DE AGORA, aínda que máis centrada nos asuntos profesionais e nos que son de ámbito xeral do sector da información e a comunicación, pero sempre con La Voz como referente.
    X. G. R., ExVoz.

    ResponderEliminar