Rematou
onte a tarde a rolda de quince asembleas de La Voz de Galicia nos distintos
centros de traballo na comunidade, nas que a plantilla mostrou a súa
indignación coa rebaixa salarial que propón a empresa no proceso de negociación
que acaba de abrir ao amparo da reforma laboral, rebaixa que os traballadores
cualificaron como insultante e humillante.
A
plantilla ratificou o seu respaldo ao comité, ao que se lle pide que manteña a
firmeza na defensa dos dereitos dos traballadores durante a negociación, e
mostrouse unanimemente disposta a emprender accións de apoio a esa
defensa se fora necesario.
O
comité informou nas asembleas que os asesores económicos dos distintos
sindicatos xa dispoñen da documentación que entregou a empresa na reunión do
mércores e que o martes día 14 haberá unha reunión do intercentros, previa a
reunión coa empresa, na que se debaterá a maneira máis axeitada de afrontar a
negociación das dúas próximas semanas.
Sabón a 11 de maio do
2013
Ningún comentario:
Publicar un comentario