Compañéiros de Administración en Sabón o luns pola mañá. |
A Redacción de Sabón, a media tarde do luns 20 de maio. |
O
Comité Intercentros fai unha chamada a xornadas de loito, para as catro citas
acordadas no calendario desta negociación (os días 14, 20, 22 e 23 de maio),
coas que expresar o malestar da plantilla que se puxo de manifesto nas
asembleas da semana pasada.
Acudide
a traballar de negro. Usade prendas negras de vestir (polo menos camisetas,
blusas, xerseis…) durante o voso traballo, nas redaccións e fóra delas, para
amosar a opinión que lle merece a plantilla a Proposta do 66%.
A
de mañá pretende ser a primeira xornada de loita contra a medida unilateral de
africanización de salarios que a dirección da empresa reiteradamente viña
negando e que agora sustenta nunhas contas segundo as que La Voz de Galicia
gañou máis de medio millón de euros no exercicio do 2012.
A
dirección de La Voz de Galicia volve a pretender que se deprecie o convenio
colectivo que se asinou en decembro do 2011 e no que os traballadores asumimos
graves sacrificios para facer fronte nos seguintes anos a situación da empresa.
Sabón
a 13 de maio do 2013
Ningún comentario:
Publicar un comentario