xoves, 16 de maio de 2013

Sabón sen coches

Hoxe é xoves e toca mollarse


Lembrámosvos que estades convocados a unha nova acción simbólica de repulsa ás medidas que pretende tomar a empresa.
Chamamos a todos os traballadores e traballadoras de Sabón a deixar baleiro o parking de Sabón hoxe xoves, para ó que pedimos a solidaridade do resto de traballadores e traballadoras das empresas do Grupo. Nese sentido agradecemos o apoio amosado polo Comité de Empresa de Corporación Voz de Galicia e a súa chamada a secundar a iniciativa. Reiteramos a invitación a sumarse á protesta aos usuarios do parking reservado; insistimos, se queredes podedes, a vós tamén vos afecta.
Empregade o transporte colectivo ou aparcade fóra do recinto contra a Proposta do 66%.

Ningún comentario:

Publicar un comentario