martes, 2 de xullo de 2013

Os compañeiros do Faro de Vigo súmanse aos apoios aos traballadores de La Voz

O comité de empresa de FARO DE VIGO

Quere manifestar o seu apoio aos compañeiros do xornal La Voz de Galicia na súa xusta oposición ás propostas empresarias que, como lamentablemente xa é norma no país, só pretenden facer pagar ós traballadores, con perdas de dereitos e destrucción de emprego, unha situación económica adversa da que non son responsables en absoluto.
Este comité fai votos para que as vías xudiciais e de presión social se salden en beneficio dunha plantilla que, seguro, sempre mantivo un alto compromiso e lealdade tanto coa seu traballo como coa empresa.
Agardamos, que a dirección do xornal reconsidere os seus plans, polo ben da súa plantilla pero tamén para pechar un perigoso camiño cara a precariedade laboral na nosa profesión que outras empresas poderían ter a tentación de imitar.
Transmitimos, por último, toda a nosa simpatía e os mellores desexos de éxito na vosa loita pola dignidade laboral e profesional e confiamos en que a vosa empresa aposte pola vía do diálogo e a negociación.
Un saúdo afectuoso e ánimo. Non estades sós!
  
Vigo, a 27 de xuño de 2013

Ningún comentario:

Publicar un comentario