Tras as infructuosas negociacións coa empresa para lograr que se paralice o expedente de inaplicación de convenio iniciado pola dirección de La Voz de Galicia, e para explicar as medidas coas que o Comité pretende volver a retomar a senda do diálogo antes do ditame da Comisión Consultiva Nacional de Convenios Colectivos, os delegados comezarán unha rolda de asembleas polos distintos centros de traballo en Galicia e mantendo tamén informados aos compañeiros de Madrid.
As asembleas de mañá, venres 5, serán en Arousa (11.30), Pontevedra (13.00), Vigo (17.00), Ferrol (17.00) e Viveiro (19.00).O luns, día 8, celebraranse asembleas en Lalín (11.00 horas), Ourense (12.30), Santiago (13.00), Monforte (16.00), Ribeira (17.00) e Lugo (19.00).
O martes, día 9, os delegados visitarán Administración de Sabón (12.00), a delegación de Carballo (16.00), a Redacción en Sabón (17.30), e a delegación da Coruña (19.00).
Sabón, 4 de xullo do 2013
Ningún comentario:
Publicar un comentario