O cadro de traballadores de La Opinión de A Coruña, reunido en Asemblea, decidiu expresar a súa solidariedade cos empregados de La Voz
de Galicia afectados pola decisión da empresa de recortar os seus salarios e
pola actitude amosada pola dirección diante das súas reivindicacións. Os
traballadores de La Opinión de A Coruña apoian tamén as medidas de presión e
protesta programadas polos afectados. Entendemos que non é xusto que sexa a
plantilla quen asuma todo o peso da situación actual de crise cando este tipo
de recortes o único que fan é
perxudicar a calidade da información e a función social dos medios de
comunicación e, polo tanto, hipotecan o seu futuro.
martes, 2 de xullo de 2013
Os traballadores de La Opinión amosan a súa solidariedade coa plantilla
Os compañeiros de El Ideal Gallego e DXT Campeón, coa plantilla de La Voz
O comité de empresa de El Ideal Gallego e o DXT Campeón quere mostrar a a súa solidariedade cos compañeiros de La Voz de Galicia, pola actitude que a empresa está mantendo cara a plantilla, non só polos desproporcionados recortes salariais que pretende acometer, senón tamén polos despidos que ven executando nos últimos meses e as modificacións laborais que cargan de máis responsabilidade aos traballadores.
Dende El Ideal Gallego e o DXT criticamos á dirección do que se vangloria de ser o primeiro xornal de Galicia, pero que non trata á súa plantilla coma xornalistas e traballadores de primeira. Pese a que periodicamente nas súas páxinas asegura estar mantendo os lectores pese a crise, pretende espremer aos empregados e descolgarse do convenio firmado entre ambas partes e no que xa se aceptaba unha rebaixa salarial inicial. La Voz de Galicia debería ser o xornal que dese exemplo ao resto e mantivese en condicións laborais dignas aos seus asalariados.
Por todo iso, este comité anuncia xa que secundará a manifestación prevista para o domingo 7 de xuño en favor dos compañeiros da Voz e, en xeral, de todo un sector, o xornalístico, que se está vendo especialmente danado pola crise, pero que por solidariedade entre a patronal, non sae nos medios.

O Colexio de Xornalistas respalda aos traballadores de La Voz Galicia ante as rebaixas salariais que quere impor a empresa
[01/07/2013] O persoal de La Voz de Galicia mantén un conflito coa empresa, que se concretará en medidas de protesta como unha manifestación de traballadores, extraballadores e familiares o vindeiro domingo día 7 de xullo na cidade da Coruña e a convocatoria de folga para o 10.
Estas accións, inéditas na historia máis que centenaria do xornal, son proba da diferenza de posturas entre as partes.
A empresa pretende aplicar a un cadro de persoal que supera os 350 traballadores unha baixa do 15 % sobre os salarios base e do 66 % nos complementos (unha parte sempre importante nas nóminas dun medio de comunicación) durante o 2013. E non descarta acometer novos retallos o seguinte exercicio. Todo para garantir a continuidade do grupo.
Sen embargo, os traballadores argumentan que eles xa fixeron abondo a súa contribución para contrarrestar a crise: en 2009 aceptaron unha conxelación salarial a cambio dun compromiso de estabilidade no emprego que non se cumpriu, e dous anos despois aceptaron unha modificación do convenio colectivo que implicaba novos despedimentos. Entre 2008 e 2012, os gastos de persoal baixaron un 34,5%, e hai 187 postos de traballo menos. A dirección, segundo o comité de empresa rexeitou unha contraproposta de recortes vinculados a unha garantía clara de mantemento de emprego (de que non se van a utilizar os cartos que se aforren agora para despedir máis adiante). E todo isto mentres as contas oficiais da empresa revelan un beneficio de medio millón de euros despois de impostos.
A Xunta de Goberno do CPXG mostra a súa preocupación pola situación laboral dos traballadores de La Voz de Galicia, aos que expresamente quere respaldar no seu posicionamento, e sinala que a forma de afrontar a crise non é empeorando a calidade das redaccións, e polo tanto, do produto informativo.
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2013
Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
luns, 1 de xullo de 2013
Solidariedade do Comité de Corporación Voz de Galicia
Estimadas/os compañeiras/os:
O Comité de Empresa de Corporación Voz de Galicia manifesta o seu apoio e solidariedade co Comité Intercentros de La Voz de Galicia (e, por extensión, a todos os traballadores de La Voz de Galicia) na loita que están a levar a cabo para lograr que a Empresa se sente a negociar un acordo que supoña o abandono do proceso de Inaplicación do Convenio Colectivo e que garanta os postos de traballo de todos os traballadores de La Voz de Galicia.

Apoio do Comité de Galicia Editorial
Ante a dificil situación que está a atravesar a plantilla irmá de La Voz de Galicia o Comité de Empresa de Galicia Editorial quere expresar o seu apoyo e solidaridade a todolos compañeiros da Voz e ó seu Comité de Empresa ante a nova tanda de recortes que pretende executar unilateralmente a empresa. Desexamos que as duas partes retomen as negociacións que fagan innecesarias as medidas de forza co fín de facer compatibles a viabilidade da empresa cós dereitos dos traballadores e sobre todo o mantemento do emprego.
O Comité de Galicia Editorial
O Comité de Galicia Editorial
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)