mércores 24 xullo 2013

Firmado un preacuerdo.

Reunido el comité intercentros con los representantes de la empresa, alcanzaron ayer un preacuerdo que será sometido a consulta de los trabajadores el próximo miércoles 31 de julio. El preacuerdo fue alcanzado sin unanimidad, pero por la mayoría de los miembros del intercentros allí presentes.

Lunes y martes de la semana próxima se celebrarán asambleas en todos los centros de trabajo para explicar las condiciones de este preacuerdo y resolver las dudas que pudiera plantear. 

Esto surge ante la petición de un determinado número de trabajadores de diferentes centros de trabajo de La Voz sobre el deseo de votar la propuesta efectuada por la empresa. Esta iniciativa fue llevada al pleno del comité el pasado lunes donde, tras un largo debate, fue aprobada.

El comité intercentros solicitó a la empresa una propuesta formal y única que pudiera ser presentada a referéndum como alternativa al procedimiento de inaplicación iniciado por la empresa el pasado mes de mayo.

En el caso de que la decisión de la mayoría de los trabajadores sea favorable, el preacuerdo firmado se convertirá en acuerdo y se cerraría el proceso de inaplicación de condiciones de convenio ante la Comisión Consultiva Nacional de Convenios Colectivos, en caso contrario, ambas partes quedan desvinculadas de todos y cada uno de los términos de dicho preacuerdo.

xoves 18 xullo 2013

Comunicado del comite de empresa.

“No podemos dar el mantenimiento del empleo porque no lo tenemos. Lo lamentamos muchísimo”. Con estas palabras del director general, Lois Blanco, concluyó, pasadas las ocho de la tarde de hoy, la reunión entre el Comité Intercentros, delegados de personal y representantes de la empresa.
La reunión terminó sin acuerdo, al mantener el comité como premisa básica e innegociable el mantenimiento del empleo hasta el 31 de diciembre de 2014, tal y como había sido ratificado en las asambleas que tuvieron lugar la semana pasada.
Ante esta situación, el proceso de inaplicación del convenio colectivo puesto en marcha por la empresa sigue su curso.

Sabón, a 18 de julio del 2013

domingo 14 xullo 2013

Resultados de las asambleas

Tras las reuniones mantenidas, lunes y martes, entre el comité y la dirección empresa, los representantes de los trabajadores modificaron, una vez más, su propuesta de negociación con el fin de acercarla algo más a las pretensiones empresariales.

En dicha propuesta los trabajadores aumenta su oferta económica de recorte salarial en un 233% en relación a la primera efectuada durante el proceso de mediación en el SIMA y un 29,7% sobre la última propuesta presentada.

Debido a estas importantes modificaciones, el comité de empresa consideró la necesidad de presentarla a todos los trabajadores en asambleas en los diferentes centros de trabajo.

La mayor parte de los trabajadores consideran que la propuesta elaborada por el comité de empresa cumple con los criterios de proporcionalidad, progresividad, y corresponsabilidad demandados por la parte social, a pesar del gran esfuerzo económico que supone un recorte de este calibre a cambio de que no se efectúen más despidos durante los años 2013 y 2014.

Tal y como se había decidido, tras la reunión del comité prevista para el próximo lunes día 15 se le entregará a la empresa con el fin de que ésta la analice y así dar un paso más en las negociaciones.

mércores 10 xullo 2013

Asembleas mañá e o venres


O Comité Intercentros, ante o proceso de inaplicación do convenio colectivo iniciado pola dirección de La Voz de Galicia o pasado 8 de maio, e ante a imposibilidade  de chegar a un acordo tanto no período de consultas, a comisión paritaria, a única reunión no SIMA, nas reunións dos últimos dias celebradas tras mostrar o comité a sua vontade negociadora desconvocando as medidas de presión e coa intención de buscar unha solución ao conflito fai unha última proposta que permita pechar a vía da inaplicación e axudar, de maneira preventiva, a mellorar os resultados económicos e a xestión da empresa. A proposta do Comité se remitiu hoxe a toda a plantilla e se explicará nas asembleas que se celebrarán mañá xoves e o venres.

Asembleas 
Xoves: 
11.30 Arousa
12.00 Sabón (Administración) 
13.00 Pontevedra 
17.00 Sabón (Redacción) e Vigo 
19.30 Delegación A Coruña 

Venres:
11.00 Lalín
12.00 Carballo
12.30 Ourense
13.15 Santiago
16.00 Monforte
17.00 Ribeira e Ferrol
19.00 Lugo
19.30 Viveiro







 

Desconvocada a folga



O Comité Intercentros acordou desconvocar a folga que estaba prevista para mañá.
Durante o día de onte tiveron lugar dúas reunións coa empresa, unha pola mañá e outra pola tarde.
Para esta tarde está prevista outra reunión coa empresa.
O comité sigue buscando un acordo que garanta o mantemento do emprego actual.
Despois da reunión de esta tarde enviaremos un comunicado sobre a situación das negociacións.

Sabón a 9 de xullo de 2013

venres 05 xullo 2013

Desconvocada a manifestación do día 7

Unha representación do comité intercentros, en nome dos seus membros, acordou hoxe, por maioría, desconvocar a manifestación prevista para o domingo, día 7, as 12 da mañá. Por este motivo aprázanse as asambleas previstas tanto as de hoxe como as do luns e martes. A decisión tomouse nunha reunión urxente que tivo lugar esta mañá coa finalidade de abrir unha nova vía de negociación coa empresa.


Preparando a manifestación

Co lema "Por un xornalismo digno" arrancará o domingo, as 12.00 horas, dende o Obelisco unha manifestación en defensa dos postos de traballo e contra os recortes en La Voz de Galicia. Todo o persoal do xornal e as súas familias están convocados para unha protesta coa que se quere parar a inaplicación do convenio, que suporía un novo sacrificio máis a uns traballadores que nos últimos cinco anos perderon a moitos compañeiros, viron recortado o seu salario e asumiron máis traballo para colocar a La Voz como quinto xornal de España.

Por un xornalismo digno

xoves 04 xullo 2013

Respaldo dos compañeiros de Voz Audiovisual (e os links a todos os apoios recibidos ata hoxe)

Dende o Comité de Empresa de Voz Audiovisual queremos expresarvos o noso apoio nas vosas reivindicacións na defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras de La Voz de Galicia. Entendemos que ante a difícil situación pola que pasa o xornal é necesario que o persoal da empresa sexa respectado e tratados coma profesionais e motores da empresa, e non coma mera man de obra á que deixar de lado sen a máis mínima intención de negociación e posibilidade de entendemento.
Somos un equipo pequeno, pero na medida das nosas posibilidades quedamos á vosa disposición.
Un saúdo,
Comité de Empresa de Voz Audiovisual.


Listado de comunicados de apoio dende fora do Grupo aos traballadores de La Voz de Galicia
...


Asembleas informativas para todo o persoal de La Voz

Tras as infructuosas negociacións coa empresa para lograr que se paralice o expedente de inaplicación de convenio iniciado pola dirección de La Voz de Galicia, e para explicar as medidas coas que o Comité pretende volver a retomar a senda do diálogo antes do ditame da Comisión Consultiva Nacional de Convenios Colectivos, os delegados comezarán unha rolda de asembleas polos distintos centros de traballo en Galicia e mantendo tamén informados aos compañeiros de Madrid.
 
As asembleas de mañá, venres 5, serán en Arousa (11.30), Pontevedra (13.00), Vigo (17.00), Ferrol (17.00) e Viveiro (19.00).

O luns, día 8, celebraranse asembleas en Lalín (11.00 horas), Ourense (12.30), Santiago (13.00), Monforte (16.00), Ribeira (17.00) e Lugo (19.00).

O martes, día 9, os delegados visitarán Administración de Sabón (12.00), a delegación de Carballo (16.00), a Redacción en Sabón (17.30), e a delegación da Coruña (19.00).

Sabón, 4 de xullo do 2013

 

Manifestación o domingo na Coruña

Este domingo, 7 de xullo, dende as 12.00 horas na Coruña, as traballadoras e traballadores de La Voz de Galicia manifestarémonos en defensa dos nosos dereitos laborais e do emprego. Baixo o lema Por un xornalismo digno, o Comité Intercentros de os delegados de personal de todos os sindicatos representados (CIG, CC.OO., UXT e SXG) convocan a toda a plantilla de La Voz a saír a rúa para volver a insistir en que a dirección da empresa retire o procedemento de inaplicación do actual convenio e se aveña a negociar unha solución pactada ás dificultades polas que atravesa a empresa, e das que todos somos conscientes.



A plantilla aposta pola defensa do emprego e dos salarios, como sostén dun xornalismo digno. Onte mesmo, o Comité remitiu a empresa unha nova proposta de negociación para achegar posturas e que non se rebaixen outra vez os salarios sen ofrecer unha garantía de emprego inequívoca cara ao futuro. O Comité agradece o apoio aos paros de 15 minutos que se levaron a cabo tamén onte en todos os centros de traballo de La Voz de Galicia. 

A manifestación do domingo arrancará do Obelisco ás 12.00 horas e discorrerá polas rúas Real e Riego del Agua para rematar na praza de María Pita. 

É unha convocatoria aberta, para os traballadores de La Voz, familiares e extraballadores, e tamén para traballadores do resto das empresas do Grupo e mesmo doutros medios ou asociacións profesionais que xa teñen expresado o seu apoio a loita que mantemos en La Voz pola dignidade das condicións de traballo na prensa.

Sabón, a 4 de xullo do 2013

A CIG, cos traballadores na defensa dos postos de traballo e do convenio

A CIG manifesta o seu apoio ao persoal de La Voz de Galicia na súa defensa do emprego e dunhas condicións laborais dignas

A empresa pretende, amparándose na reforma laboral, recortar os seus salarios e, malia iso, non garante o mantemento de todos os postos de traballo
A CIG quere amosar o seu total respaldo á loita que as traballadoras e traballadores de La Voz de Galicia están a levar a cabo na defensa das súas condicións laborais e o mantemento do emprego. A pretensión da dirección da empresa de inaplicar o convenio colectivo en vigor constitúe un exemplo de como as políticas neoliberais e a reforma laboral do PP serven para acabar cos dereitos dos traballadores e abaratar o mercado de traballo mesmo en aquelas empresas que dan beneficios, como foi o caso de La Voz de Galicia no ano 2012.
A CIG manifesta o seu apoio ao Comité da Voz de Galicia na súa defensa do convenio en vigor, xa que é froito da negociación colectiva como dereito fundamental, e non dunha imposición empresarial, que é o que a dirección da Voz trata de facer agora.
A central sindical non comparte as demagóxicas críticas que se están a verter contra as traballadoras e traballadores de La Voz de Galicia tratándoos de “privilexiados” e responsabilizándoos dunha personalista, conservadora e nada plural liña editorial.

En canto ao primeiro, ter unhas condicións de traballo dignas é un dereito, non un privilexio, e a CIG sempre o defendeu así.
En canto ao segundo, culpar aos traballadoras e traballadores da Voz da liña editorial do xornal é tanto como culpar aos funcionarios das políticas do Goberno. A cada un a súa responsabilidade, e un xornal, como calquera empresa, ten directivos e operarios. A CIG está e estará sempre cos operarios como sindicato de clase que é.

martes 02 xullo 2013

O compañeiros de La Región, en apoio dos traballadores de La Voz de Galicia

Por un xornalismo digno

Os comités de empresa de La Región, S.A. e Rías Baixas Comunicación, S.A. queren mostrar a  súa solidariedade cos compañeiros de La Voz de Galicia, en  contra dos recortes salariais por parte da empresa.
Estamos en desacordo coa pérdida de moitos direitos que se foron adquirindo con moito traballo, e tempo, en cada un dos medios nos que traballamos.
Tamén queremos facernos eco da vosa proposta, na que pedides un xornalismo digno na prensa.
Ánimo na vosa loita.

Mañá paramos 15 minutos: en apoio dunha saída negociada e pola retirada da inaplicación do convenio



O Comité Intercentros e os delegados de persoal convocan a toda a plantilla de La Voz de Galicia a parar 15 minutos durante a xornada de mañá mércores, 3 de xullo, para mostrar o noso desacordo co procedemento de inaplicación do actual convenio colectivo iniciado pola empresa e recordarlle a dirección que seguimos a procurar unha saída negociada antes de que se adopten as medidas irreversibles coas que nos veñen ameazando dende febreiro.

Pola retirada do expedente de inaplicación chamamos a todos os traballadores a parar 15 minutos e reunirse ás portas dos centros de traballo na xornada do mércores en tres quendas segundo conveña polos horarios: a partires das 12.00 horas da mañá, dende as 17.00 da tarde, e dende as 22.00 na de noite.

O Comité Intercentros e os delegados de persoal, que manterán unha reunión mañá pola mañá, sumaranse ao paro das 12.00 horas en Sabón.

Sabón, 2 de xullo do 2013

O SXG amosa o seu apoio ás traballadoras e traballadores de La Voz de cara á folga do vindeiro 10 de xullo


Paros de 15 minutos o mércores 3 de xullo e folga o vindeiro día 10. Esas son as medidas que tomarán as traballadoras e traballadores de La Voz de Galicia ante a decisión da empresa de pechar a mediación en Madrid para recurrir inmediatamente á Comisión Consultiva Nacional de Convenios Colectivos, que podería emitir unha resolución vinculante a mediados do mes de xullo sobre a inaplicación das condicións salariais pactadas no actual convenio colectivo. O Sindicato de Xornalistas de Galicia quere amosar o seu total apoio ao calendario de mobilizacións consensuado en asamblea co Comité de Empresa, que ten por obxectivo conseguir que a empresa negocie de boa fe e «abandone o camiño dos feitos consumados».

Antes de que a Comisión Consultiva emita o seu fallo, o Comité de Empresa fai un chamamento a participar no paro de 15 minutos convocado para o vindeiro 3 de xullo en horario de 12.00 a 12.15 horas para a quenda de mañá, de 17.00 a 17.15 h na de tarde e de 22.00 a 22.15 h na de noite. O calendario de mobilizacións rematará coa convocatoria dunha folga para o vindeiro mércores 10 de xullo.

Vía da negociación

Con estas medidas, refrendadas en asamblea, trátase de defender os postos de traballo e as condicións laborais mentres segue adiante a vía xudicial impulsada pola empresa. Sen embargo, os representantes dos traballadores seguen a manter aberta a vía da negociación solicitando de novo a través do Comité Intercentros unha reunión coa dirección da empresapara iniciar unha rolda de encontros cos que acadar un acordo no que se garanta o emprego á plantilla actual.

O Sindicato de Xornalistas ponse á disposición do Comité de Empresa para colaborar en calquera das estratexias que deseñen para retomar o camiño da negociación coa empresa para chegar a un acordo «proporcional» coa situación actual de La Voz de Galicia, sexto xornal en difusión a nivel estatal, unha posición que só se pode manter «cunha aposta decidida da empresa por un traballo de proximidade como o que se fai nas delegacións».

Os compañeiros do Faro de Vigo súmanse aos apoios aos traballadores de La Voz

O comité de empresa de FARO DE VIGO

Quere manifestar o seu apoio aos compañeiros do xornal La Voz de Galicia na súa xusta oposición ás propostas empresarias que, como lamentablemente xa é norma no país, só pretenden facer pagar ós traballadores, con perdas de dereitos e destrucción de emprego, unha situación económica adversa da que non son responsables en absoluto.
Este comité fai votos para que as vías xudiciais e de presión social se salden en beneficio dunha plantilla que, seguro, sempre mantivo un alto compromiso e lealdade tanto coa seu traballo como coa empresa.
Agardamos, que a dirección do xornal reconsidere os seus plans, polo ben da súa plantilla pero tamén para pechar un perigoso camiño cara a precariedade laboral na nosa profesión que outras empresas poderían ter a tentación de imitar.
Transmitimos, por último, toda a nosa simpatía e os mellores desexos de éxito na vosa loita pola dignidade laboral e profesional e confiamos en que a vosa empresa aposte pola vía do diálogo e a negociación.
Un saúdo afectuoso e ánimo. Non estades sós!
  
Vigo, a 27 de xuño de 2013

Os traballadores de La Opinión amosan a súa solidariedade coa plantilla

O cadro de traballadores de La Opinión de A Coruña, reunido en Asemblea, decidiu expresar a súa solidariedade cos empregados de La Voz de Galicia afectados pola decisión da empresa de recortar os seus salarios e pola actitude amosada pola dirección diante das súas reivindicacións. Os traballadores de La Opinión de A Coruña apoian tamén as medidas de presión e protesta programadas polos afectados. Entendemos que non é xusto que sexa a plantilla quen asuma todo o peso da situación actual de crise cando este tipo de recortes  o único que fan é perxudicar a calidade da información e a función social dos medios de comunicación e, polo tanto, hipotecan o seu futuro.

A asemblea de traballadores de La Opinión, a 27 de xuño de 2013

Os compañeiros de El Ideal Gallego e DXT Campeón, coa plantilla de La Voz

O comité de empresa de El Ideal Gallego e o DXT Campeón quere mostrar a a súa solidariedade cos compañeiros de La Voz de Galicia, pola actitude que a empresa está mantendo cara a plantilla, non só polos desproporcionados recortes salariais que pretende acometer, senón tamén polos despidos que ven executando nos últimos meses e as modificacións laborais que cargan de máis responsabilidade aos traballadores.

Dende El Ideal Gallego e o DXT criticamos á dirección do que se vangloria de ser o primeiro xornal de Galicia, pero que non trata á súa plantilla coma xornalistas e traballadores de primeira. Pese a que periodicamente nas súas páxinas asegura estar mantendo os lectores pese a crise, pretende espremer aos empregados e descolgarse do convenio firmado entre ambas partes e no que xa se aceptaba unha rebaixa salarial inicial. La Voz de Galicia debería ser o xornal que dese exemplo ao resto e mantivese en condicións laborais dignas aos seus asalariados.

Por todo iso, este comité anuncia xa que secundará a manifestación prevista para o domingo 7 de xuño en favor dos compañeiros da Voz e, en xeral, de todo un sector, o xornalístico, que se está vendo especialmente danado pola crise, pero que por solidariedade entre a patronal, non sae nos medios.

O Colexio de Xornalistas respalda aos traballadores de La Voz Galicia ante as rebaixas salariais que quere impor a empresa

[01/07/2013] O persoal de La Voz de Galicia mantén un conflito coa empresa, que se concretará en medidas de protesta como unha manifestación de traballadores, extraballadores e familiares o vindeiro domingo día 7 de xullo na cidade da Coruña e a convocatoria de folga para o 10.

Estas accións, inéditas na historia máis que centenaria do xornal, son proba da diferenza de posturas entre as partes.

A empresa pretende aplicar a un cadro de persoal que supera os 350 traballadores unha baixa do 15 % sobre os salarios base e do 66 % nos complementos (unha parte sempre importante nas nóminas dun medio de comunicación) durante o 2013. E non descarta acometer novos retallos o seguinte exercicio. Todo para garantir a continuidade do grupo.

Sen embargo, os traballadores argumentan que eles xa fixeron abondo a súa contribución para contrarrestar a crise: en 2009 aceptaron unha conxelación salarial a cambio dun compromiso de estabilidade no emprego que non se cumpriu, e dous anos despois aceptaron unha modificación do convenio colectivo que implicaba novos despedimentos. Entre 2008 e 2012, os gastos de persoal baixaron un 34,5%, e hai 187 postos de traballo menos. A dirección, segundo o comité de empresa rexeitou unha contraproposta de recortes vinculados a unha garantía clara de mantemento de emprego (de que non se van a utilizar os cartos que se aforren agora para despedir máis adiante). E todo isto mentres as contas oficiais da empresa revelan un beneficio de medio millón de euros despois de impostos.

A Xunta de Goberno do CPXG mostra a súa preocupación pola situación laboral dos traballadores de La Voz de Galicia, aos que expresamente quere respaldar no seu posicionamento, e sinala que a forma de afrontar a crise non é empeorando a calidade das redaccións, e polo tanto, do produto informativo.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2013
Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

luns 01 xullo 2013

Solidariedade do Comité de Corporación Voz de Galicia

Estimadas/os compañeiras/os:

O Comité de Empresa de Corporación Voz de Galicia manifesta o seu apoio e solidariedade co Comité Intercentros de La Voz de Galicia (e, por extensión, a todos os traballadores de La Voz de Galicia) na loita que están a levar a cabo para lograr que a Empresa se sente a negociar un acordo que supoña o abandono do proceso de Inaplicación do Convenio Colectivo e que garanta os postos de traballo de todos os traballadores de La Voz de Galicia.

Apoio do Comité de Galicia Editorial

Ante a dificil situación que está a atravesar a plantilla irmá de La Voz de Galicia o Comité de Empresa de Galicia Editorial quere expresar o seu apoyo e solidaridade a todolos compañeiros da Voz e ó seu Comité de Empresa ante a nova tanda de recortes que pretende executar unilateralmente a empresa. Desexamos que as duas partes retomen as negociacións que fagan  innecesarias as medidas de forza co fín de facer compatibles a viabilidade da empresa cós dereitos dos traballadores e sobre todo o mantemento do emprego.

O Comité de Galicia Editorial